Buscar este blog

lunes, 16 de abril de 2012

ASASINAR Ó PROFE DE GALEGO

Sara danos a receita de como acabar dunha vez por todas co profesor de galego

Sabes ti, como asasinalo?
Pois eu vouche ensinar
Primeiro por isto has de empezar
telo que intentar tirar pola ventá
Se iso non funciona
achégate a súa mesa
colle o borrador
e dalle na cabeza
Se así non morre
non queda outra
que matalo a paos
con moita forza
Desta maneira ten que morrer
porque moi forte non ha de ser
e sen non morre,
que hai que facer?
ATURALO OUTRA VEZZZZZ!

Laura tamén nos conta como facelo
O profe de galego
anda un pouco estresado
poñendo tantos traballos
que nos teñen aturullados
Eu como o quero ben
pensei unha solución
acabar co seu sufrimento
de forma rápida e dun tirón
Como el ben me ensinou
con internet a traballar
na rede por fin encontrei
como o poder liquidar
Vou mandarlle un correo
cun virus moi dañino
que lle afecte cando o lea
e o mande ao mundo divino
O seu estrés desaparece
e tamén a preocupación
de ter que ler máis traballos
que lle fastidia un montón