Buscar este blog

jueves, 26 de abril de 2012

O OURO AZUL
     A continuación, dúas poesías das moitas que estivemos facendo na clase de galego, dedicadas ao Ouro Azul: A AUGA

Viaxamos a Lúa,
mandamos misión a Marte,
en todas buscamos auga
porque é o máis importante.

Pensa o que ten ouro
que ten unha gran riqueza,
pero máis valor ten a auga
aínda que a ninguén lle pareza.

Coa auga as plantas crecen,
e nós precisámola
cando temos sede
e tamén cando nos lavamos

Cando a auga escasea
e a sequía persiste
todo se volve deserto
e non hai vida que resista

Sen a auga as plantas morren
e os animais tamén
quedaremos sen comida
para podernos manter

A auga é imprescindible
para neste Planeta vivir
todo sería máis fácil
se a podéramos compartir
                                      LAURA
Sabes o que
é o Ouro Azul?

Non é unha pedra,
nin un cristal

Xa sei o que pensades,
non é un mineral.

Xa vos din moitas pistas
e non o conseguides descifrar

Digovolo sen facer esperar,
o ouro azul é algo que
temos que tomar
ao longo do día
sen desperdiciar.
                    ALEX