Buscar este blog

sábado, 5 de mayo de 2012

ACENTUACIÓN DE DITONGOS E HIATOS

  • Un ditongo é a unión dunha vogal aberta (a, e, o) mais unha vogal pechada (i, u) que se pronuncian nunha mesma sílaba. Os ditongos seguen as regras xerais de acentuación e o acento gráfico ponse sobre a vogal aberta. Exemplo: escóitame, atención.
  • Os hiatos están formados por dúas vogais que están xuntas, pero que se pronuncian en dúas sílabas distintas. Se son dúas vogais abertas, seguen as regras xerais. Exemplo: Xoán. Se a vogal pechada é a tónica e a vogal aberta é a átona, levará sempre acento gráfico na vogal pechada. Exemplo: día, lúa.
  • Cando aparecen xuntas as dúas vogais pechadas (i, u), se a tónica é a segunda vogal, forman un hiato e acentúase graficamente. Exemplo: ruído. Se a tónica é a primeira vogal, forman un ditongo e non se acentúa graficamente. Exemplo: viviu