Buscar este blog

miércoles, 2 de mayo de 2012

SABIAS QUE...?

O caso do "home dos xeos"

          En 1991 atopouse nun glaciar na fronteira austroitaliana o corpo momificado dun home prehistórico de hai 5300 anos, en concreto da Idade do Bronce, ao que pouco despois se bautizou como Otzi, o "home dos xeos"
           Primeiro houbo unha grande polémica sobre a propiedade dos restos, que estiveron no Instituto de Medicina Forense de Insbruck ata que hai pouco foron transladados ao Museo Antropolóxico de Bolzano, ao certificarse que o seu corpo se atopou no municipio de Schnals (Italia)
           Semella que morreu aos 35 anos de xeito violento, xa que tiña unha ferida de frecha nas costas e había restos de sangue de catro persoas diferentes na súa roupa e armas. Algúns expertos afirman que estivo presente nunha situación de combate entre 24 e 48 horas antes da súa morte; outros cren que puido morrer en medio dun sacrificio ritual; e outros opinan que estaba cazando e quedou enterrado por un alude de neve que o sorprendeu.
           En calquera caso, houbo unha verdadeira "otzimanía"