Buscar este blog

domingo, 6 de mayo de 2012

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
  
     Na novela de Jules Verne "A volta ao mundo en 80 días", Phileas Fogg (cinematograficamente chamado Willy Fogg) é un flegmático inglés escrupulosamente puntual e de vida monótona que acepta unha aposta polo valor de vinte mil libras. Para gañala terá que viaxar arredor do mundo en menos de 80 días. A intención de Phileas é a de enlazar con toda precisión un medio de transporte con outro partindo de Londres.
     A historia explica que Phileas Fogg saíu de Londres en dirección leste, facendo o seguinte recorrido:      
  • Londres - Suez, 7 días                                       
  • Suez - Bombai, 13 días
  • Bombai - Calcuta, 3 días
  • Calcuta - Hong Kong, 13 días
  • Hong Kong - Iokohama (Xapón), 6 días
  • Iokohama - San Francisco, 22 días
  • San Francisco - Nova York, 7 días
  • Nova York - Londres, 9 días
     Cando chegou de novo a Londres gañara un día. É posible?

     E unha adiviña
     Se as franxas horarias están delimitadas por meridianos, hai algún lugar do mundo onde sexan todas as horas á vez?